martes, 2 de mayo de 2017

XORNADA ENKI DE DEPORTE ADAPTADO E INCLUSIÓN


Xornadas ENKI.
No mes de maio, e como parte dos contidos da Unidade didáctica " Non escoites, non vexas... SENTE", faremos unha actividade complementaria (de 15:00 a 17:00) a través da XORNADA ENKI integrada dentro do proxecto ENKI en colaboración coa Fundación Obra Social La Caixa. Esta xornada está diseñada para nénos e nenas de 5º y 6º curso de educación primaria nunha xornada dividida en tres fases diferentes: presentación, actividades deportivas e historias de superación. Tras unha explicación sobre a diversidade funcional e cómo o deporte pode servir como medio de integración, os rapaces realizarán un exercicio denominado Ponte no seu lugar, diseñado para que os menores empaticen coas personas con diversidade funcional a través do xogo. Trátase  de que, a través de actividades deportivas e diferentes circuitos, poidan comprobar por sí mesmos as dificultades de accesibilidade que existen no medio, en rotación duns 20 minutos cada unha polas diferentes probas: circuito en silla de rodas, recorrido con bastóns e antifaces con pavimento táctil e demostracións de deporte adaptado: tenis, handbike, silla de atletismo, baloncesto e fútbol a cegas...
No seguinte enlace http://www.proyectoenki.com/noticias/ver/Jornadas-Enki2015-Deporte-Adaptado poden ver toda a información sobre este proxecto.




miércoles, 1 de junio de 2016

CUESTIONARIO AVALIACIÓN UD 15



Ao rematar cada unidade didáctica teredes que cubir este cuestionario dende o blog ou ben pedindolle o cuestionario ao mestre en papel.

CUESTIONARIO AVALIACIÓN

lunes, 15 de febrero de 2016

XOGOS DO MUNDO


Para a buca de xogos do mundo, deixamos o enlace de varias páxinas web onde podedes atopar xogos do mundo que vos servirán para a realización do traballo de aula.
Os enlaces son os seguintes:

 
Debedes atopar 3 xogos, cumplimentar una ficha como esta para cada xogo e entregala o mestre:


Nome do xogo:
País:
Continente:
Material necesario:
Descrición do xogo:
 
 

domingo, 24 de enero de 2016

CAMPIONATO DE BÁDMINTON



                        
Como cada ano, o Colexio Lagoa, organiza un campeonato de Bádminton para 5 e 6ºde educación primaria.
Xa vos podedes apuntar en conserxería, dende o 25 de xaneiro ata o 3 de febreiro.
O campeonato será o día 5 de febreiro, último día de clase antes das vacacións de carnavais .
As bases do campeonato, estarán colgadas no taboleiro de anuncios.

                                         ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡APUNTÁDEVOS !!!!!!!!!!!!

martes, 1 de diciembre de 2015

Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.


Con motivo da declaración Universal dos Dereitos Humanos, o día 10 de Decembro, queremos recordar dunha maneira sinxela estos dereitos.
No seguinte enlace podedes repasalos. Están redactados dunha maneira sinxela para a fácil comprensión. Debedes anotalos nun folio e tráelo á sesión o próximo día.


http://30derechos.fundacionciudadania.es/index.php/05


jueves, 24 de septiembre de 2015

COMO ME COIDO.



Mostramos os enlaces sobre os que traballaremos na unidade didáctica Nº 2 sobre o corpo e a saúde:

En grupos de catro deberán buscar na web información sobre:

A través do blog de aula http://colexiolagoa.blogspot.com.es/aportarémoslle os enlaces. Son vídeos, actividades interactivas e texto.

 
  • Ósos e músculos principais do corpo. http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=El-Cuerpo
  • Hixiene corporal: Importancia da limpeza corporal, utilización de roupa e calzado...
  • Hábitos alimenticios:  a pirámide alimenticia. http://www.mundoprimaria.com/primaria/piramide-alimenticia-para-ninos.html

  • Ao rematar faredes un resumo dunha carilla sobre os hábitos posturais e alimenticios e entregarédelo  por grupos en Word na seguinte clase