jueves, 24 de septiembre de 2015

COMO ME COIDO.



Mostramos os enlaces sobre os que traballaremos na unidade didáctica Nº 2 sobre o corpo e a saúde:

En grupos de catro deberán buscar na web información sobre:

A través do blog de aula http://colexiolagoa.blogspot.com.es/aportarémoslle os enlaces. Son vídeos, actividades interactivas e texto.

 
  • Ósos e músculos principais do corpo. http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=El-Cuerpo
  • Hixiene corporal: Importancia da limpeza corporal, utilización de roupa e calzado...
  • Hábitos alimenticios:  a pirámide alimenticia. http://www.mundoprimaria.com/primaria/piramide-alimenticia-para-ninos.html

  • Ao rematar faredes un resumo dunha carilla sobre os hábitos posturais e alimenticios e entregarédelo  por grupos en Word na seguinte clase

lunes, 21 de septiembre de 2015

CÓDIGO DE XOGO LIMPO
















Nesta sesión , facemos diversos xogos interactivos relacionados coa educación física que podemos ver no seguinte enlace http://recursostic.educacion.es/primaria/ludos/web/alumnos.html

Logo co seguinte xogo interactivo de onde sacaremos as normas do xogo limpo, faremos un mural nunha cartolina.  http://ares.cnice.mec.es/edufisica/b/05/index.html

jueves, 10 de septiembre de 2015

AUTORIZACIÓN DO USO DE FOTOGRAFÍAS DO ALUMNADO NO BLOG




Modelo de autorización para o uso de imaxes polo centro educativo
Esta autorización asinarase ao principio de cada curso académico.
 
Consentimento menores de 14 anos:
 
D./Dna. (nome do representante legal) con DNI ..................................., na miña condición de representante legal do alumno ou alumna ... (nome do menor de 14 anos), autorizo o tratamento da imaxe do alumno ou alumna ... (indicar o nome e apelidos do menor) en relación coas actividades escolares e extraescolares promovidas polo centro e polos responsables e autoridades educativas na páxina web ou blog do centro ou institucional, na revista escolar e en medios de comunicación durante o curso escolar 2015/16. (É conveniente que os consentimentos se presten para cada curso).
 
Ademais das actividades promovidas pola administración educativa ás que se refire o
parágrafo anterior, autorízase o tratamento da imaxe para ... (completar no caso de que
exista algunha outra previsión de uso). (Se non se prevé ningún outro uso eliminarase este parágrafo, e todas as demais actividades que posteriormente se realicen e supoñan
tratamento de imaxes deberán autorizarse individualmente).
 
Así mesmo, autorizo o tratamento da imaxe en contornas, aplicacións ou ferramentas
virtuais prestadoras de servizos en nube, redes sociais, ou servizos de mensaxería ... (indicar os servizos utilizados), e autorizo a posible transferencia internacional de datos, derivada do seu uso, aos países nos que se atopen os seus servidores. (Esta cláusula incluiríase nos supostos de prestadores de servizos virtuais como poden ser redes sociais, servizos de aloxamento e distribución de audiovisuais, servizos, por exemplo, de google, correos electrónicos non corporativos, etc...).
 
Así mesmo, recoñezo ter sido informado/a da posibilidade de revogación deste
consentimento en calquera momento.
 
Asinado (pai, nai ou tutor legal)
 
 
                                               En…………………., a……de…….de 2016

 

MENÚ COMEDOR MES

Cada principio de mes, poderedes consultar no taboleiro da entrada o menú mensual.
 
 
 

miércoles, 9 de septiembre de 2015

BENVIDOS AO CURSO 2015/16

Benvidos a este curso 2015/16.
 
Neste blog colgaremos información das actividades que imos facendo a diario cos alumnos e alumnas na área de EDUCACIÓN FÍSICA.
Utilizaremos este blog para comunicar noticias, así como actividades interactivas, contidos de interés para que os alumnos poidan consultalos, extraer e compartir información, integrando as TIC (tecnoloxías da información e a comunicación) no proceso de aprendizaxe e traballando así a competencia dixital, así como outros contidos propios da área de educación física.

Ademáis tamén aproveitaremos para informar doutras actividades complementarias que se realizan no colexio, campionatos, conmemoracións...