martes, 2 de mayo de 2017

XORNADA ENKI DE DEPORTE ADAPTADO E INCLUSIÓN


Xornadas ENKI.
No mes de maio, e como parte dos contidos da Unidade didáctica " Non escoites, non vexas... SENTE", faremos unha actividade complementaria (de 15:00 a 17:00) a través da XORNADA ENKI integrada dentro do proxecto ENKI en colaboración coa Fundación Obra Social La Caixa. Esta xornada está diseñada para nénos e nenas de 5º y 6º curso de educación primaria nunha xornada dividida en tres fases diferentes: presentación, actividades deportivas e historias de superación. Tras unha explicación sobre a diversidade funcional e cómo o deporte pode servir como medio de integración, os rapaces realizarán un exercicio denominado Ponte no seu lugar, diseñado para que os menores empaticen coas personas con diversidade funcional a través do xogo. Trátase  de que, a través de actividades deportivas e diferentes circuitos, poidan comprobar por sí mesmos as dificultades de accesibilidade que existen no medio, en rotación duns 20 minutos cada unha polas diferentes probas: circuito en silla de rodas, recorrido con bastóns e antifaces con pavimento táctil e demostracións de deporte adaptado: tenis, handbike, silla de atletismo, baloncesto e fútbol a cegas...
No seguinte enlace http://www.proyectoenki.com/noticias/ver/Jornadas-Enki2015-Deporte-Adaptado poden ver toda a información sobre este proxecto.